EXCURSIÓN 6º FIN DE CURSO

Boas Familias;

Xa se está cerca o fin de curso e temos que ir afinando os derradeiros detalles da excursión de fin de curso para os alumnos de 6º.

Logo de 9 anos no centro vanse para o instituto, xa se fan maiores.

Aquí tendes o itinerario para que poidades consultalo.

anpaoacevo.com/…/Itinerario-ANPA-O-ACEVO-Paradiso-5d-25jun2016-343-1.pdf

Unha Apertaexcursión

 

283 FAMILIAS DIN “SÍ” A XORNADA ÚNICA

 

images    No día de hoxe as familias do Ceip Otero Pedrayo da Laracha manifestaron claramente a súa opinión sobre a Xornada Única.

Logo de decadas pelexando por unha oportunidade para votar, as familias coordinadas e organizadas pola Anpa O Acevo foron quen de vivir unha xornada histórica no centro. Ningunha administración foi quen de permitir expresarnos sobre un tema tan importante e fundamental para os alumnos e as súas familias. Nun exemplo impecable de participación e implicación 297 familias votaron con este resultado.

  • Votos emitidos 297
  • Si (A xornada única) 283
  • Non (A Xornada 14)
  • Censo total de familias (463)
  • 61,12% votos

Empeza agora o camiño que xa non ten retroceso. Ás Consellería de Educación debe tomar nota do resultado. Xa non aceptamos máis excusas por parte da Consellería a xornada unica debe ser unha realidade para o curso 2016/2017.-

Nos vindeiros días imos solicitar reunións con todalas institucións ( Concello, Consellería de Educación) para presentar os resultados e esixir novo horario para o curso que ven.

Iremos informando.

Parabéns a todalas familias pola súa implicación e participación.

 

 

 

 

27 de Novembro Referendo sobre a Xornada Única.

images

Ola Familias,

Comezamos outra semana de traballo que vai rematar o día 27 co referendo sobre a xornada única.

O vindeiro venres 27 de novembro a partir das 17.00h e ate as 22:00h faremos un referendo sobre a Xornada Única no Ceip Otero Pedrayo da Laracha. Haberá unha zona habilitada na entrada da porta de infantil onde os membros da Xunta Directiva estaremos coas urnas e listaxes para que todos poidamos exercer o noso dereito.

A intención deste referendo e poder trasladar a Consellería de Educación a nosa votación de tal maneira que de saír positiva solicitaremos que de unha vez por todas se nos modifique a xornada no colexio. Se polo contrario optades na votación pola Xornada Partida tal e como a temos agora deixaremos de presentar ano tras ano a mesma proposta por parte da Anpa diante das administracións ate a circunstancias muden.

Queremos ter claro cal e a vosa opción e desexo polo que vos pedimos un esforzo ese día e cremos que nun horario bastante amplo todas as familias debemos exercer o dereito ao voto e expresar así de forma totalmente anónima a nosa opción.

Tamén podedes ampliar consultando o proxecto de xoranda única que vos deixo no neste artigo e a noramtiva vixente ou ben contactando directamente con nós.

É moi importante ter en conta que o que non vote conta coma un non

Vota e decide non deixes que o fagan por ti.

XORNADA UNICA 2013

procedemento-para-a-implantación-da-xornada-lectiva-en-sesión-única-de-mañá-ou-mixta

VENRES 20N AS 16:30 CONCENTRACIÓN DIANTE DO COLE

Estimadas familias:

Maña temos unha cita ineludible diante do Colexio. Entre [email protected] vamos esixir unha solución a interminable obra do Pavillon Polideportivo. Tamén pediremos a construcción da 2ª fase do edificio de Infantil e o acondicionamento dos espacios exteriores do que vamos a estrear en Xaneiro.

Nós non lles podemos fallar aos nosos fillos/as. Vamos [email protected] xuntos, nais, pais, irmans e avós somos parte da comunidade educativa e xa estamos fartos .

Adiante e forza.7915240-muchos-dibujos-animados-naranjas-durante-la-manifestacion

ACORDOS ASEMBLEA DO 13 DE NOVEMBRO

Estimadas familias:

Como sabedes o pasado venres tivemos asemblea da Anpa en donde debatemos os temas a tratar e chegamos aos seguintes acordos:

1º.- Convocamos unha Concentración diante do cole para o próximo día 20 de Novembro ás 16`30h na porta de peóns. Esta concentración repetirase todolos meses mentras non teñamos a solución por parte das administracións á interminable obra do pavillón polideportivo. Como sabedes estaba prevista para Xaneiro de 2015 e agora mesmo nadie e capaz de dar unha data para a finalización da mesma, nin Concello, nin empresa (Unika Proyectos) nin a Consellería de Educación). Tamén demandamos nesta concentración o inmediato compromiso por parte da Consellería de Educación da Construcción da 2ª Fase do edificio de infantil.  A obra rematada recentemente é absolutamente insuficiente pois no ano 2011 adquiriuse o compromiso por parte da Xunta de Galicia de facer un edificio de 12 aulas e agora temos un de so 6. Esto obriga a seguir mantendo 3 aulas de infantil no Edificio Vello que non compre coas medidas de seguridade esixibles.

2º- O 27 de Novembro imos realizar un referendo sobre a Xornada Única.  Con este referendo tratamos de saber cal e a posición maioritaria das familias do Otero Pedrayo da Laracha sobre a Xornada Única  e actuar en consecuencia diante das administracións.

Iremos enviando información sobre estos e outros asuntos…Asemblea

 

XA TEMOS FACEBOOK E ACTUALIZADOS OS DATOS DA NOSA ANPA

seguridade internet

Xa temos actualizados todos os datos da ANPA O ACEVO.  Xa tendes a renovación da Xunta Directiva, e vimos de crear unha nova ferramenta na rede o Facebook.

Xa desde o ano pasado estamos traballando en mellorar a comunicación coas familias e parecenos que esta nova ferramenta  pode ser moi útil tanto para a xunta directiva como para vós.

Seguimos traballando…..

Asemblea extraordinaria o venres 13 de Novembro as 21’00h

O vindeiro venres 13 as 20’30 en primeira convocatoria e as 21h en segunda temos unha asamblea.

1 Lectura e aprobacion se procede das actas anteriores

2 informe da Xunta Directiva

3 Obras no cole. Estado das mesmas , e debate sobre as iniciativas a levar adiante

4 Referendum sobre a Xornada Única

5 Rogos e preguntas